miércoles, 24 de octubre de 2007

A nanotecnoloxía

Bueno, aquí estamos de novo, xa se nos botaba de menos ou non??
Esta entrada vai sobre a Nanotecnoloxía(aínda que xa sabemos que non ten que ver co que estamos dando na clase) pero é unha curiosidade saber que é.


Nanotecnoloxía
A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas dedicado ó control e manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro, é dicir, a nivel de átomos e moléculas. O máis habitual é que tal manipulación se produza nun rango de entre un e cen nanómetros. Para facerse unha idea do pequeno que pode ser un nanobot, máis ou menos un nanobot de 50 nanómetros ten o tamaño de 5 capas de moléculas ou átomos (depende de qué esté feito o nanobot).
Nano>> é un prefixo grego que indica unha medida, non un obxeto, de maneira que a nanotecnoloxía caracterízase por ser un campo multidisciplinar, e cohesionado exclusivamente pola escala da materia coa que traballa.

No hay comentarios: